NA PROCURA DO PISO

sábado, 24 de mayo de 2008


Cando cheguei un dos momentos un pouco máis agobiantes foi a procura dun piso, e sobre todo que estivese cerca do traballo. Nesta procura axudoume a miña irmán a que tanto teño que agradecer por todo o apoio que recibín dela dende que topei o traballo, ata que me vin, xa que me acompañou sen poñer ningunha pega e sobre todo veu comigo cando fun ver os pisos, que por certo topamonos de todo; o final din cun pequeno ático aquí en alcobendas o que me mudei o 16 de marzo; que a verdade inda que é pequeno non me queixo, está moi ben e ademáis teño unha gran terraza,(que case e máis grande que todo o ático,je,je!!). e o que é máis importante está a un par de minutos do traballo en coche, teño un centro comercial a 5 minutos andando (este pequeno detalle non sería tan importante se non fora pq na parte de arriba do mesmo e donde están todolos garitos de marcha, uns 6 ou 7 sitios entre pubs e discotecas :P) , e outro detalle importante, xa que aquí non teño plaias teño o meu aredor unha chea de parques!! e tamén tou a 10-15 minutos do centro de Madrid en coche (este outro pequeno detalle tamén é importante, xa que podese ir a visitar o centro... :)

Aquí vos deixo unhas imaxes da que ven sendo a miña habitación, non é moi grande pero é moi acolledora, de feito que sepades que colle unha cama hinchable, a parte de ter un sofá cama no salón, o digo para cando vos animedes ou poidades vir ata aquí a facerme unha visita, senón sempre podedes por unha tenda de campaña na terraza (é coña,je,je!!). Como podedes ver trouxen os regaliños que me fixestes cando marchei, que fan que esta pequena habitación sexa máis grande, :)

P.D. dende aquí mandoche un bico Ire, (non flipedes, que é en serio) e douche as gracias por toda a axuda que me prestache e me prestas. Espero poder algun día facer o mesmo por ti, un bico da túa irmán que te quere.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén te quero moito, e eu non considero terte axudado tanto, as veces creo que non te apollei o necesario.
Non vas crer o que voto de menos... voto de menos aquelas veces nas que me chamabas pola noite cando xa estaba na camiña facéndome a dormida porque non tiña ganas de cháchara... jejeje, quen o diría.
Sabes o que me fai moi feliz, saber que estemos onde estemos sempre estaremos xuntas. Porque por moitas dificultades, por moitas discusións que tiveramos.. sempre terminamos a ben. Xa quiseran moitas irmás ter o mesmo bo rollo ca nós.
Querote moito. E eu tamén valoro moito o teu apoio. Moitos bicos pelusilla.

 
Historias da pelusilla - by Templates para novo blogger