jueves, 12 de junio de 2008
Bueno, vou ver se sigo dandolle un pouco de vida a este blog, e recuperar un pouco todo o que vou facendo dende que estou aquí ata actualmente, así bueno servirá como un pequena memoria das cousas feitas :)
Pois ben, cando apenas levaba unha semana aquí dixeronme que tiña a semana santa de vacacións, e como non fun para miña casiña, e a parte de estar coa miña family, tamén fun dar unha volta cos meus amigos, e nada despois de votar toda unha tarde, Ire, Deli e máis eu na procura da foxa da moura (creo que era ese o nome, non o recordo moi ben) en Domaio, pois non dimos con ela, e nada tivemos dado voltas polo monte, pero igualmente o pasamos ben; xa a noite fumos a cear a Cangas "o Gatañal" Lore, Alejandro, Elena, Ire, Deli, Sil e Dami (unha vez que cerraron o bar, que por certo acordome ben, pq xusto cando marchabamos eu batín a cabeza contra a berja que xa estaba medio baixada,je! menuda ostia!) Unha vez que ceamos, a Dami apetecíalle pasear, enton fumos ata Cangas e alí estivemos paseando polo paseo da praia, mentres nos debatíamos entre se fumar ou non fumar (xa que por aquela tiñamos un pequeno reto de fumar só como máximo 5 pitis o día, e xa tiñamos agotado o cupo...) pero menos mal que as fotos sempre distraen, e cando a cámara asomou xa nos puxemos a posar, se nun banco, se nunhas pequenas palmeiras había por alí...je! unha boa noite, si señor!!
O día seguinte decidimos aventurarnos a intentar buscar a foxa, e na procura dela Sil e Dami poideron acompañarnos xa que libraban, unha gran alegría, xa que ir a algún sitio xuntos sempre é agradable e máis cando debido o traballo as veces é complicado. Pois ben o final chegar chegamos, e alí estivemos un bo rato analizando o lugar, Dami as veces parecía que se quería suicidar, xa que douselle por ir de pedra en pedra recorrendo case o curso do río (jo, que mal, que medo nos facía pasar, ou polo menos a min :P) e nada, despois de percorrer os dous sentidos do río, fumos a tomar algo un pouco máis relaxados, a un sitio moi bonito en Domaio tamén, e así finalizou un pouco o día, e case que a semana tamén, con un pouquiño de todo.
0 comentarios:
Publicar un comentario