PEQUENO GRAN TRABALLO

martes, 20 de mayo de 2008





E chegou o 3 de marzo e comecei a traballar na farmaceutica lilly, en principio contratada por un ano, máis do que me ofreceron ata agora en calquera empresa; estou segura que isto vai ser toda unhha aventura, e sei que o vai ser, pero como experiencia espero que sea boa. A partir de aquí comeza a miña vida fora da casa, lexos de todos os que máis quero, e sobre todo a aprender a vivir soa e fora da casa.

4 comentarios:

Belgarath dijo...

Tranquiliña muller que seguro que che vai ir de p... madre, ademais sempre nos tes aqui pra calquera problema.
A ver se nos invitas a ir por aí a darche unha visita que eu quero coñecer madrid e ir de copas, que sabendo como es ti xa tes todos os pubs localizados, jejeje.
P.D: xa teño a funda do movil pola metade jijiji

Lua Nova dijo...

Ola!! Xa verás como como todo vai ben, e cando te des conta, xa pasou o ano, e xa estas aí coma peixe na auga e xa nin queres volver por aqui... a verdade é q hai unha tranquilidade por aqui q non vexas... xa non temos nin con quen meternos... :P :P jejejeje
Biquiños.

P.D: que, o blog vai con calma, eh? claro... a que tiña tanto medo a ir pa Madrí e estar soa, xa coñece á metade da poboación masculina da gran capital... :P e claro, non hai tempo pra todo...

P.D.2: é unha pena q contestes as perdidas, q sepas q me vou enfadar contigo.

Anónimo dijo...

Meu corazonciño, o certo é que ten que ser moi difícil independizarse así de repente e de golpe. Pero sempre foches a máis forte... e o que agora parese difícil.. mañá sera sinxelo.
Xa verás como nun abrir e cerrar de ollos xa estás eiquí pra que silvia se siga metendo contigo e me deixe a min en paz.. eu voto de menos a tranquilidade a miña paz armoniosa..jeje.
PD: esta xente inda que diga o que diga, quérete moito e votate de menos.
PD: forsa no cú.

Pelusilla dijo...

Ai... como sodes, eu xa sei que ahí daba moita gherra, pero a tranquilidade que hai ven pq marchou unha rapaza divertida, simpática, alegre... je,je,je,je!! A verdade e que silvia tense que aburrir moito sen meterse comigo, menos mal que xa topou quen me releve :P

Tes razón De, o tempo vai pasar voando, tanto que xa levo aquí tres meses e como quen di pasaron nun abrir e cerrar de ollos, cando me decate xa tou ahi outra vez dandovos a bara,je!! e na a poblasión masculina... dentro do que cabe as veces é a que me leva o tempo, pero nesta semana non é o caso, tiven un pouco desconectada de todo e de min mesma, pero agora xa coas pilas cargadas outra vez!!!!

Hei Dami!!! menudo reto o desa funda, je! cando a remates non o cres nin ti... seghuro que vas super lento, tiña que estar eu ahí pa darlle unhas puntadas, e xa cho tiña listo,je,je!!! :P
Por certo a ver se é verdade que queres vir coñecer Madrid e ir de copas, e como dis iso de se vos invito,ja! se xa sabedes de sobra que o meu "ático e o voso ático", e non te preocupes que xa teño varios pubs localizados, cando veñades seghuro que xa teño unha ruteiro de pubs feito,je,je!!

Ai.. Ireniña, mira que me queres, eh? :) todo sempre ten a súa dificultade, pero non te preocupes que de momento hai moita forza, inda que hai días mellores e outro peores, pero iso pasa en todos lados; o que pasa que me tratades tan ben cando vou... que despois... entrame a depresión vacasional,je! que... seghuro que xa o facedes aposta, eh? pilleivos,je,je!!

Silvia, porcona de ti non me olvido tampouco, por aquí faltanme os teus vaciles, cando vou tomar algo o bar do lado, so falta que aparezas saindo da barra e soltando unha das tuas,je,je!! sería boisimo!!! :P

Hai que faría eu sen vos, ese comentario Dami, cheghoume a ialma, "sempre nos tes aqui para calquera problema" ainda que as palabras sobran cando me demostrades que sempre que podo contar convos.

Biquiños

 
Historias da pelusilla - by Templates para novo blogger