MANZANARES EL REAL

jueves, 25 de junio de 2009

Hai algún tempo fomos a visitar eu e máis a miña prima Manzanares el Real, que queda na serra de Madrid, alá nos fomos un domingo caluroso e de resaca a ver como eran eses lares, e nada a verdade e que parece un mundo a parte de Madrid, xa que parece que te adentras nun territorio completamente oposto o que ven sendo a gran civilización, agora entendo iso que din que o chegar o fin de semana a xente baixe a serra. A verdade e que en sí e pequeno, pero ten un castillo que impresiona o velo, e como situarte noutra época distinta a esta, logo o pobo en sí é como moi tranquilo e as súas calles parecen que non sufriron moita modernización. Este castillo é unha fortaleza gotica e está considerado como un dos mais fermosos de España.Manzanares el Real polo visto ten o seu orixen, no s.XIII, cando o seu solar sería ocupado por pastores segovianos. Isto xenerou disputas entre madrileños e segovianso pola sua pertenza e foron varios os monarcas que tiveron que arbitrar sobre o tema ata que no s.XIV Juan I cedeu a zona o seu mordomo Pedro González de Mendoza e así comezou a rama familiar dos Mendoza, Santillana e Infantado. Todos estes apelidos foron poboando de monumentos e edificacións as terras de Madrid, Segovia e Guadalajara. (Hei!! e despois deta pequena introducción cultural continuo..Je!)

Despois de comer, fumos dar unha volta a ver se topabamos un muiños ou bueno... por que non dicir que non tiñamos nin puta idea de a donde iamos...é a oficina de turismo estaba cerrada, oh...!! si foi unha pena, pero bueno, chegamos a ver as ruinas do anterior castillo do que só quedan un par de pedras facendo de muro (algunhas das pedras son sobre as que está sentada a miña prima), xa que a maior parte foron quitadas para facer o novo castillo, logo intentamos ir a ver un pequeno monumento que era a ermita de Peña Sacra levantada sobre unha roca camiño da Pedriza, pero quedamos no camiño, xa que facía moitísimo calor,je!!, e miramola de lexos. Alí chamanlle a Pedriza a unha zona xa que está composta de rocas graníticas pulidas e redondeadas pola erosión e con recovecos que destacan polo seu colorido e formas, e nada dende Manzanares podense observar duas das tres partes da Pedriza.E iso foi todo ese día,je!!

Por certo o río que se ve o fondo nunha das fotos é o río Manzanares (valgame a redundancia :P), e logo na última foto cerca da miña cabeza se mirades case enriba ahí esta a ermita esa a que xa non subimos a ver :).

1 comentarios:

Alma Viaxeira dijo...

Je,je,je... menos mal que a oficina de turismo estaba pechada, porque coa clase de historia que nos acabas de dar... non vexas... parece que fixeche os deberes sobre ó sitio ó que foches :P

Parece un sitio bonito, pero que non sei porqué pero dame a sensación dun pobo fantasma, un pouco abandoado, inda que eses sitios teñen o seu encanto, e pra desconectar son perfectos.

Alégrome de que sigas facendo turismo polos arredores, xa había tempo que non nos contabas nada.

Moitos biquiños.

 
Historias da pelusilla - by Templates para novo blogger