CATASTRÓFICAS DESDICHAS...

sábado, 27 de junio de 2009

Parece mentira o que pode pasar en 24 horas máis ou menos, a verdade e que todo comezou o xoves pola tarde cando me dispoñia a ir por unha lavadora, eu ia toda campante baixando as escaleiras da miña casa coa roupa nos meus brazos cando de repente sen saber como unha das miñas zapatillas resbalou nun dos escalos, e fun case dun descanso das escaleiras ata o outro descansillo de rebolo (bueno, de rebolo rebolo non foi, senon que cain para atrás e nun segundo deslizandome como unha serpe cheguei o fin das escalas); menuda ostia me metín!!!! acabei mazadiña por todo o corpo, brazos, pernas, cachas... vamos que non había por donde collerme,je,je!! ou polo menos nese momento ninguen se ofreceu,ja,ja!!; pero o tema non remata aquí...

O caso é que a mañan saindo do traballo, dispoñiame a ir a desaiunar coas miñas compis de traballo, e nada máis sair, estaba eu cedendo o paso nunha rotonda, pero o gracioso que viña detras decidiu empurrarme para sair antes, menudo sust!!!!o (co medo ata se me vai a o,je!!), a verdade e que o final non foi nada, ou polo menos para o que pareceu que eu xa pensei que quedara destrozado totalmente e cando sain flipei xa que non lle pasara nada, é o que ten cando che dan por detras case cando estas tocando o freno, pero neste caso co empurron, saiuseme o pe do freno e o coche foi para diante ata que se calou, menudo batacazo me levei... pero bueno!!! e que hoxe teño o corpo molido por todos lados, isto parece cousa do demo!!

Se non fose pq esa mesma noite celebrouse unha festa na empresa por quedar de terceiros como a mellor empresa para traballar, (pijotadas!!!) e daban papeletas para rascar xa que había distintos premios, dende viaxes, portatiles, tdt, productos de belleza, nintendos ds, e por algunha extraña razón no medio destas duas catastrofes tocoume a nintendo ds, (esa nova que din que ten camara,,,), se non chega a tocarme nada...diría que algúen me votou o mal de ollo,je!!, a parte dos premios tamén actuaba un tipo do paramout comedy, e a verdade e que rimos un montonazo, se o final todo está niso, en tomar as cousas con humor ainda que as veces pareza que non nos sorie moito a sorte, pero eu prefiro reirme, o fin e o cabo, estou ben!!!!

Pois iso e todo amigos!! je!! a ver se pasa esta pequena racha de mala sorte :).

3 comentarios:

Ireniña dijo...

Iso digo eu, as cousas sempre hai que tomalas polo lado positivo... que gracias a que estabas "maliña" tiveches compañía... jejejeje

Biquiños e coidate moito e... xa sabes... non fagas cousas porconas... non aumentes as magulladuras... jejejejeje

Quérote

Alma Viaxeira dijo...

Bufff... menos mal que non te fixeches dano con semejante caida...

E... quen te acompañou?? eh? eh? eh?

Biquiños!

ali dijo...

Pois a verdade e que é unha historia un pouco longa de contar o de quen me acompañou... pero sí podo dicir que é unha persoa maravillosa, que esta en todo momento atento a todo o que me pasa, e que se preocupa por min un montonazo, a verdade e que se non fose por el este sabado cando tiven que ir o hospital sentiríame un pouquechiño soa,je!!, pero bueno en canto o de facer cousas porocnas... pois o certo e que deixamos que o río siga o seu curso, pero moi moi a modo :P (ante todo o quero como amigo :)), ademáis se vedes como me movía o sabado... doiame toodo o corpiño, non era plan de tentar o demo,je,je!!!

E ese que me acompañou, se estades tentados a saber como se chama o seu nome é Fran, vive cerquiña de donde vivo eu nun piso que é seu, e bueno xa irei contando novos capítulos...je,je!! (a idade de momento reservoma)

Pois nada, eu tamén te quero Ireniña.

Biquiños.

 
Historias da pelusilla - by Templates para novo blogger