lunes, 17 de noviembre de 2008
Hai veces que todo vai ben, ata que de repente, zas!!! algo pasa e iso fai que por un momento todo se nos veña enriba. Pois ben, a min pasoume este xoves cando me ia po traballo, eu iba normal como calquer outro día a coller o coche, mentras estaba baixando as escaleiras lembrei que tiña o movil do traballo cargando a bateria antes de sair da casa e non sabia se o levaba enriba, co cal pensando eu que xa baixara todos os escalons e xa estaba no descansillo, pois seguin para diante, pero que pasou... HABIA UN ESCALÓN MÁIS!!! Si amigos meus, de repente xa me atopaba eu no chan despois de sentir un pequeno ruido no tobillo, ali me atopei no chan, vendo como nun minuto se me viña o mundo enriba de pensar en que jodera o tobillo e todo o que iso iba a supoñer, buff!! ainda tardei uns minutos en levantar, doiame a rabiar. Preguntaredesvos o que fixen... pois nada conseguin chegar o coche, fun ata casa, subin a polo móvil do traballo, e xa de paso pois tomei un ibuprofeno para que fose facendo efecto mentras ia para o traballo, e ademáis... je,je!! pois depilei as pernas en menos de 10 minutos, e todo pq, pois previndo que sen non aguantaba tería que ir de urxencias, e a verdade e que estaba un pouco peluda,je!! e nada, cheguei a empresa e directa a enfermeria do traballo, e de alí a casa, de baixa ata o lunes, ou sexa, ata hoxe, e a boa noticia é que xa comezo mañan outra vez a traballar!!!!!. A verdade e que despois dos cuidados que lle din este finde...
HISTORIAS PARA NON DURMIR
Unha cousa que pasou esta fin de semana, en particular o sabado a tarde, despois de estar todo o dia na casa en reposo pois decidin baixar a tomar un café o bar de enfrente a iso das 8.30 pasadas, pois menuda se montou diante do piso... resulta que nun coche iban unha parexa de hispanoamericanos (ou de por ahi, non sei exacatamente :P) e o seu fillo pequeño, pero os pais iban borrachos como cubas, e deronlle un pequeno golpe a un coche, e a muller puxose moi histerica a parte de que non se lle entendía moi ben o que dicía, a xente estaba intentando falar con eles de que tan so habia que facer o parte e esas cousas, e nada o que pasou foi que o home montouse no asento do conductor arrancou o coche, empezou a acelerar a muller del abriu a porta de atras para subir, (mentras tanto unha quincena de chavales a gritos e a golpes co coche para que non se marchase) e nisto arranca a toda ostia levando por diante a sua muller que medio quedou enganchada coa porta que tiña aberta, pasandolle cunha roda por riba do pe e alí quedou ela tirada no chan sacando a bota e deixando o seu tobillo o descuberto mentras choraba e mentras o seu home se daba a fuga con toda a xente detras del; o tipo dou a volta e volveu pasar por alí, intentando deterse, pero volvendo a largarse sen a sua muller e co seu bebe, sentado na parte de atras do coche. Menuda!! logo chegou a policia, e a ambulancia e os chavales que intentaron deter o coche dado a fuga, deronlle a matrícula, pero non lla deron para que a escribise, senón que lla deron fisicamente, ou sexa que cando ian detras del arrancaronlle a placa da matricula, menuda gracia, ver os polis levandos e matricula,je,je!!! Pero iso, menuda historia, isto é ver para creer!!!
.jpg)
4 comentarios:
Ai... ti sempre tendo percances por culpa do movil... a quen se lle conte... jejeje
A historia que nos contas desde logo que é de cine, ver para crer. Parecería que estabas nunha película de bandas callexeiras, ou algo así.
Un biquiño, e coidadiño por ahí co persoal.
o movil.... gustaríame saber que é o que pasaría se un día te encerráramos nunha habitación sen ese elemento da comunicación... creo que sería peor que ver a un drogadicto con mono... jeje
O da historia, si ver pra crer... pero o ser humano é impredecible... en situacións especiais actúa de forma... sen comentarios... mírate a ti.. tomando un ibuprofeno cando tiveras unha gran torcedura, sendo a maior das preocupacións estar de baixa... que eres española!!!!!... iso é o de menos... jeje
Cuidateme moito!! ti e ese pé sempre andades as voltas. Agora a recueperarse que nunhas semana tes que estar aquí totalmente recuperada. e ademáis non estamos pra darte mimitos.
moitos bikiños
Hei! que xa hai tempo que non lle ando a prestar moita atención o móvil, só que neste caso era imprescindible xa que era o movil do traballo, e para min e indispensable alí, e como unha parte máis no meu traballo.
Pero bueno, un pouco de razón no fondo si que tendes. Graciñas polos animos, pero bueno, o importante e que xa estou de alta, e xa podo traballar inda que todavía con pequenas molestias, pero ben. E tranquilas que dentro de pouco teredesme alá e espero que recuperada o completo para ese gran serán (se é que se consegue senon para o que sexa!!!!) :)
Moitos biquiños!!!
Publicar un comentario