UN DÍA ... MELANCOLÍA...TRISTEZA...FELICIDADE, A CABEZA DA VOLTAS...

miércoles, 15 de octubre de 2008

As veces un sintese máis melancólico, xa por algo en concreto ou xa por mil é unha cousas. Cantas veces nos preguntamos se as cousas que deixamos atrás erán mellores ou peores, se nos equivocamos o tomar algunha decisión nas nosas vidas, eu non creo que me equivocara o contrario, estou vivindo algo que nunca cheguei a imaxinar que me sucedería, inda que as veces necesitas a xente que máis queres o teu redor, e iso é o que me está a pasar estes días, necesitovos a todos, teño moitas ganas de vervos e estar convos, sei que aqui estou ben, pero xa sabedes, cando se acumulan unha chea de cousas... pois non é o mesmo.
Estou un pouco farta de moitas cousas da xente que non ten apenas humildade ou por non dicir que non ten ningunha xa que non se esforzan nin un anaco a pensar nos demáis ou en preocuparse de falar e intentar dar unha oportunidade, de meterme no medio sempre que me parece algo inxusto, estou farta de sair polas noites e conocer sempre a esas persoas que van querendo algo, estou farta de pensar que nesta vida non hai amor ou polo menos non abunda, da incomprension, da xente superficial. Ultimamente fago moitas cousas, non sei se é bo ou malo, fartome a ir por ahi coa xente que coñezo, e fartome de que me veñan antigos recordos a cabeza, recordos de xente que queres ou quixeche, sobre todo cando ves a parexas que parece que son perfectas, preguntome se algun dia eu toparei esa parella perfecta, sei que é unha tontería pero sempre me aborda o medo a hora de estar coñecendo a alguén, sei que fago moito dano, pero máis é o medo de que mo cheguen a facer a min, (isto vai pq máis ou menos estou coñecendo a alguén, ejem, xa vos conntarei... xa que despois das miñas experiencias... pois iso...) de xente que ves marchar sen apenas despedirte, e das cousas que se fan das que non podes voltar atras e amañalas, de despedirte como dios manda, de formas de falar inadecuadas que xa non podras amañar, de mil é unha cousa que dis ou fas e que xa non podrás arreglar, de arrepentimentos que chegan tarde, de xente a que cres que van estar sempre ahi, e dun dia para outro desaparecen levandose como ultima cousa de ti unha mala contestación. Como xa vos dicía estou melancólica, triste, chamemoslle x, sei que isto é cousa dun día ou dous de baixón. En fin, deberíamos ser todos máis humanos.





Isto foi algo que escribín, un día deses nos cales che aborda a tristeza, e pensas en moitas cousas, en cousas que acaban de pasar e en cousas que xa hai moito tempo que pasaron pero que de repente dan voltas e voltas na cabeza, sobre todo cando hai moi pouco descanso e pasan cousas o teu arredor que culminan en raiadas coma esta, pero son cousas dun día ou dous como máximo, logo todo volve a normalidade e un volta a estar tan feliz coma sempre, así que comparto a miña felicidade, e sobre todo compartireina este finde,je,je!! ou sexa MAÑAN!!!! E nada, así a ver se con esta pequena entrada animome e comezo a colgar as fotos de cousas que fago por aquí, de historias e anécdotas que me van pasasndo e as vou compartindo con todos vos. Veña taloghiño , :)

2 comentarios:

Belgarath dijo...

non te preo cupes alisiña, q nos staremos no coto esperandote cos brazos abertos pra darche unha aperta que te vamos a afojar,jejeje.
nos tamen temos cousiñas que contar, porque por aqui xa voltamos as andadas cos nosos piques, e bueno en fin, isto xa empeza a parecer un circulo vicioso do cal xa me estou empezando a fartar.
Aljun dia creo que mandarei todo a merda e quedareime cos que de verdade quero o meu lado.
Xa che contarei maña, jejeje.
P.D. non te preocupes que se isto pasa ti eres unha delas. :P.
un biquiño jrande

Anónimo dijo...

Ola Li. Bueno, como ti xa sabes, eu tamen estou un pouco raiada e melancólica estes dias, pero como ti dis, é cousa duns dias, despois todo pasa, de feito xa pasou.
Todos pensamos nas decisións que tomamos, se foron ou serán as debidas ou non, e seguro que nalgunha nos equivocamos, coma todo o mundo, pero seguro que nesta tí acertaches.
Eu tamén estou desexando verte, despois de tanto tempo, asi que a aproveitar este finde, cos vos amigos.
Moitos biquiños.

P.D. Penso igual ca Belgarath, en canto ós piques, a fartarme e a mandar todo (ou case todo) a paseo.

 
Historias da pelusilla - by Templates para novo blogger